miércoles 14, agosto 2019

Constitúese en Silleda a Fundación do Campo Galego, unha entidade de ámbito autonómico sen ánimo de lucro.

A posta en marcha deste organismo fora acordado por unanimidade no pleno de xulio do 2016, dentro do paquete das iniciativas vinculadas ao sector primario que desenvolve o goberno de Manuel Cuiña e nas que se inclue o Centro de esenvolvemento Agrario.

A fundación ponse en marcha cun capital social de 140.000 euros. Entre os patronos fundadores están a Fundación Jorge Jove (que contribue con 110.000 euros); Abanca (que aporta 15.000) e o Concello de Silleda con 15.000 euros.

Na presidencia estará Manuel Iglesias Pérez, mentras que Xosé Ramón Iglesias Canda ocúpase da secretaría. Intégranse na xunta directiva Ángel Jove González, Luis Seoane e a Asociación Galega de Maquinaria Agrícola Clásica, Agamac.

A Fundación do Campo Galego terá a súa sede no recinto Feira Internacional Abanca, e entre as actividades que recollen os seus estatutos inclúese a xestión do fututo Museo do Campo.

Ler máis