jueves 15, agosto 2019

O primeiro recinto dedicado á maquinaria agrícola dende o punto de vista cultural estará aberto este outono, según as previsións da Semana Verde e do Executivo autonómico.

O recinto deiral da Fundación Semana Verde en Silleda (Pontevedra) abrirá en outubro de 2019 o Museo do Campo e a Automoción Agraria, un espazo sobre a historia do rural galego.

Así o anunciou este martes o vicepresidente da Xunta e tamén presidente da Fundación Semana Verde, Alfonso Rueda, despois de firmar o convenio de colaboración co presidente da Fundación do Campo Galego, Manuel Iglesias, para situar o proxecto no auditorio do recinto feiral, que conta cunha superficie de máis de 4.800 metros cadrados.

As futuras instalacións permitirá realizar un percorrido pola historia do campo galego, dende o Paleolítico ata a actualidade. Ademáis, según explicou Iglesias, será un lugar «dende onde poder chegar a todas as comarcas para dar a coñecer o rural como unha opción do traballo» e así «evitar, na medida do posible, a súa despoblación.»

Asimismo, Rueda tamén destacou o valor desta iniciativa para «seguir dignificando un sector tan relevante para Galicia» e «promover o coñecemento e sensibilización sobre o mesmo». Según as súas cifras, o Museo do Campo e Automoción Agraria acollerá entre 20.000 e 25.000 visitante ao ano.

Saber máis da noticia.