O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o edificio que albergará o futuro Museo do Campo e da Automoción Agrícola de Galicia. O espazo abrirá as súas portas proximamente no auditorio do recinto Semana Verde de Silleda, e os seus promotores esperan que reciba unha media de 25.000 visitas ao ano.
Semana Verde firmou en abril do 2018 o convenio a través do cal se cedeu á Fundación do Campo Galego o edificio do auditorio no que se instalará o espazo, que conta cunha superficie de máis de 4.4000 metros cadrados. A cesión do edificio fíxose por 23 anos, ata o 2040.
O futuro museo permitirá facer un percorrido pola historia do campo galego e a súa mecanización, incluindo contidos informativos e divulgativos sobre a evolución das tecnoloxía aplicadas ao sector primario durante o século XX. Ademáis, servirá de marco para a promoción de cursos, seminarios e outras actividades pedagóxicas, aproveitando as sinerxias que se puideran xerar coa programación da Fundación Semana Verde.
O espazo non so permitirá aos visitantes coñecer o desenvolvemento do rural, se non que pretende ser tamén un punto de encontro para profesionais e expertos, xa que o seu fondo documental será ideal para preparar a tesis de doutorados e estudos.