Unha media de 25.0000 visitas ao ano e a recreación dun castro e unha cova paleolítica
A Fundación do Campo Galego prevé abrir antes de finalizar o 2019 o Museo do Campo e da Automoción Agrícola de Galicia. Terá a súa sede no auditorio do recinto feiral de Silleda, con máis de 4.400 metros cadrados de superficie.
A Fundación Semana Verde cedeu as instalacións ata o 2040, acudindo onte o seu máximo responsable e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a supervisar a marcha dos preparativos deste novo espacio cultural e de ocio vinculado ao agro.
Ademáis preténdese promover accións formativas e sobre todo de mentalización de que «o campo galego é un campo de oportunidades hoxe en día, xerador de riqueza e alternativa laboral», según destacaba Ángel Jove, da Fundación do Campo Galego.