A FUNDACIÓN

Somos un equipo de persoas unidas por un interese común: a posta en valor da historia agrícola e gandeira galega, e con ela a súa cultura.
A Fundación do Campo Galego fíxose posible grazas a un grupo de persoas que deciden destinar as súas coleccións privadas de apeiros, ferramentas clásicas, antigüidades e demais pezas relacionadas co campo á creación dun museo.

O museo

O Museo do Campo Galego é unha homenaxe ás nosas orixes; a todos os galegos e galegas que ao longo da historia viviron das súas terras e traballo.
Neste museo móstrase a evolución do campo e a súa mecanización, agricultura e gandería. Percorrendo as distintas salas revivirás a evolución do campo galego a través de utensilios reais que os membros da fundación achegaron. O noso obxectivo céntrase en superar as expectativas de quen nos visita buscando coñecemento e experiencias.

MISIÓN

A nosa misión é clara: poñer en valor a cultura, agricultura e gandería galegas e con elas, a evolución dun pobo.

VISIÓN

Traballamos día a día para converter o Museo do Campo Galego nun referente en materia de cultura, sendo os ollos a través dos cales os turistas poidan coñecer máis sobre a nosa cultura, costumes e evolución.

VALORES

Servizo
Respeto
Responsabilidade

COMPROMISO SOCIAL

O Museo do Campo Galego créase co afán de divulgar a cultura galega sendo a voz dos nosos antecesores. Por isto, adquirimos un importante compromiso co pobo galego para representar de forma fiel e obxectiva o seu pasado, así como un compromiso ineludible coa mocidade que merece coñecer de onde provén e que pasou para chegar ao momento no cal nos atopamos

O noso museo servirá como marco para a organización e promoción de cursos, seminarios e outras actividades de carácter pedagóxico, formativo e de difusión do campo galego. Ademais de contar con persoal formado para a práctica destas actividades formativas, contaremos cunha convocatoria de premios e bolsas de estudo e investigación.

VISITAR MUSEO

GALERÍA