PALEOLÍTICO/REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
MAPA
Queres coñecer os fitos fundamentais da evolución da agricultura e a gandería?
Mergúllate no paleolítico, neolítico, a idade dos metais, a sociedade celta, a
sociedade romana e a idade media mentres descobres os cultivos e os sistemas
utilizados entón.
A UVA
MAPA
A uva é un dos primeiros cultivos realizados polo ser humano para o seu consumo. A
tradición dos viños galegos remóntase á época dos romanos e a historia dos viños de
Galicia pasou dende as súas orixes por diversas etapas.
Coñécenos a través da sala da uva, onde verás a evolución das distintas ferramentas
utilizadas para a elaboración do viño e as augardent
BARREIROS
MAPAVive unha auténtica experiencia da man do mítico tractor “BARREIROS”. Coñece a maquinaria agraria de Barreiros a través dos seus quince tractores máis representativos expostos e recollidos nas nosas instalacións.
O LEITE
MAPA
Aínda que non se sabe de certo cando tivo a súa orixe, exiten evidencias do consumo
de leite de animais domésticos como a vaca 9 mil anos antes de Cristo.
Actualmente, a nivel mundial, hai varias especies de animais das que se pode obter
leite: a ovella, a cabra, a egua, a burra, a camella, a iac, a búfala, as femias do
reno e do alce. Aínda así, o leite proveniente da vaca, é a máis importante para a
dieta humana e a que ten máis aplicacións industriais.
Coñece na sala do leite, os fitos fundamentais da evolución do muxido e industria
auxiliar do leite.
FORRAXE E CEREAL
MAPACoñece a evolución da forraxe e o cereal a través desta exposición. Nela verás a evolución da labra da terra, a sementeira e a sega. Amosarémosche o transporte, a limpeza e o almacenamento destes cultivos, así como os tipos de cereais.
O CARRO
MAPAVisita a sala do carro para ver os diferentes tipos de carros utilizados historicamente en Galicia así como os complementos e as características de cada tipo.