O presidente da Xunta apoiará coa súa presenza a apertura do primeiro espazo expositivo permanente da agrogandería en Galicia.
O Museo do Campo e da Mecanización, o único en Galicia dedicado a repasar o pasado, presente e futuro da actividade agrogandeira no ámbito galego, será inaugurado o 24 de outubro ás 18:00h. Prevese que o acto, que se celebrará no Auditorio do recinto da Feira Internacional de Galiza Abanca, en Silleda, sea presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
Na visita ás instalacións, o pasado 4 de septembro, o presidente da Fundación do Campo Galego (entidade promotora do espazo expositivo), Ángel Jove González, anunciou a intención de abrir o museo no último trimestre do ano. Entón, apurarase o traballo de distribución e colocación das pezas e maquinaria que se podrán ver neste espazo, que ocupa ao redor de 5.3000 metros cadrados incluindo o Auditoria da Semana Verde. Destos, uns 3.000 son superficie expositiva.