A Fundación do Campo Galego calcula que recibirá unhas 25.000 persoas ao ano
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidirá mañá ás 18.00 horas, a inauguración do Museo do Campo e da Mecanización, no edificio do auditorio da Semana Verde. Será o primeiro museo de Galicia dedicado á historia da mecanización e a evolución da actividade agrogandeira.
Conta con 12 salas, entre as que destaca a Sala Barreiros, con máis de 20 referencias da mítica marca de tractores. Ademáis, a apertura do museo coincide co centenario do nacemento de Eduardo Barreiros, o ourensano impulsor da marca. Será a súa filla, Mariluz, a que se encargue de inaugurar o espazo que leva o apelido da familia. Hai que apuntar que algunhas das máquinas que acollerán esta sala foron doadas polo anterior presidente da Fundación do Campo Galego, o exedil socialista Manuel Iglesias.